JEF Galicia - Blog

1/1/2023

Liñas temáticas 2023

En que temas nos centraremos neste 2023?

As liñas de traballo da UE

A Comisión Europea adoptou un programa de traballo para 2023, no que indica que as seguintes liñas temáticas son 🔝:

  1. Un Pacto Verde Europeo
  2. Unha Europa adaptada á era dixital
  3. Unha economía ao servizo das persoas
  4. Unha Europa máis forte no mundo
  5. Promoción do noso modo de vida europeo
  6. Un novo impulso á democracia europea

As nosas liñas de traballo

Tomando as liñas da UE como referencia, decidimos centrarnos nos seguintes aspectos para este 2023:

  • IA
  • Eurorrexión Galicia-Portugal
  • Colaboración das CCAAs e representación europea
  • Prácticas remuneradas
  • Carreira tecnolóxica da UE
  • Pesca / Economía azul

Concretamente, cremos que estes puntos son especialmente interesantes para a xuventude galega 🙍‍♂️, e que a perspectiva europea ten unha especial relevancia en todos eles. 🙌

Únete a nós

Interésanche algúns dos temas que imos tratar neste 2023? Entón, únete a nós! 😍

Podes asistir a alguna actividade que organicemos, ou mesmo falar connosco para entrar a formar parte de JEF Galicia. Estaremos encantados de falar contigo!