A Federación JEF
A Federación das Xuventudes Europeas Federalistas (JEF, polas súas siglas en francés) é unha organización política que ten como obxectivo fomentar a participación e o compromiso da xuventude europea na construción dunha Europa máis unida e democrática. A nosa visión é a dunha Europa federal, onde as decisións se tomen en común e de forma democrática, respectando a diversidade cultural e lingüística de todos os seus pobos.
JEF é unha organización non gobernamental que ten a súa sede en Bruxelas, Bélxica, e conta con seccións nacionais en diferentes países europeos, incluíndo España. Igualmente, cada país conta con seccións rexionais, como é o caso de JEF Galicia. En conxunto, a nosa acción consiste en organizar actividades e campañas que promovan o debate e a reflexión sobre temas de interese europeo, así como a formación de novos líderes e lideresas comprometidos coa construción dunha Europa máis unida.
No caso de JEF Galicia, a nosa labor concretízase no fomento da participación da xuventude galega na construción dunha Europa máis unida e democrática, a través da organización de actividades e campañas de sensibilización e formación. Ademais, JEF Galicia tamén colabora con outras organizacións e institucións galegas para promover a participación cidadá e o compromiso político entre a xuventude galega.