Que facemos

Congreso do EU Year Of Youth

Actividades

A nosa asociación organiza eventos e actividades para os nosos membros e para o público en xeral. Estas actividades poden ser de todo tipo, dende eventos de networking e actividades de grupo, ata viaxes e visitas a institucións e eventos europeos.

Persoas mozas falando nunha biblioteca

Iniciativas

A nosa asociación tamén leva a cabo iniciativas para promover a participación dos mozos e mozas na política europea. Estas iniciativas abranguen desde campañas de sensibilización, ata actividades de voluntariado.

Muller falando nun congreso en Italia

Congresos

JEF Galicia organiza asimesmo congresos, conferencias e eventos de maior envergadura, nos que se debaten temas de interese para a cidadanía europea. Estes congresos poden ser tanto en formato presencial, como en formato online.

Moza xove dando a man a unha política

Proxectos

A nosa asociación tamén leva a cabo proxectos de maior duración, que poden abranguer desde unha semana, ata varios meses. Por exemplo,Banco por Europaé un proxecto que consiste en pintar bancos coa bandeira da Unión Europea, para promover a sensibilización sobre a Unión Europea.